miércoles, 10 de abril de 2013

PERSÉPOLIS

Persépolis é a historia autobiográfica da iraniana Marjane Satrapi, a historia de como creceu nun regimen fundamentalista islámico que a acabaría levando a abandonar o seu país. O cómic empeza a partir do ano 1979, cando Marjane ten dez anos e desde a súa perspectiva infantil é testemuña dun cambio social e político que pon fin a máis de cincuenta anos de reinado do xa de Persia en Irán e dá paso a unha república islámica.
     Ademais de diferenciarse dos demais nenos por ser educada ao estilo occidental dentro dunha familia de clase alta e por uns pais de ideoloxía progresista e partidarios do islamismo moderado, "Marji" (como a coñeceremos ao principio da historia) tamén ten unha considerable inquietude intelectual para unha nena da súa idade e notable imaxinación que a leva a manter conversacións con Deus -ao que atopa un curioso parecido con Karl Marx- ou soñar con chegar a ser algún día o última profeta que siga os pasos de Jesús e Mahoma. A historia duns antepasados ilustres (o seu bisavó foi o último rei da dinastía persa dos Qadjar), unha familia que se opón activamente ao goberno do Xa, as manifestacións, a diferenza de clases sociais ou a marxinación da nena son algunhas das pezas do quebracabezas que Marji esfórzase por compor coa intención de comprender o mundo que a rodea. Á vez que vai crecendo, Marjane dáse conta de que o novo réxime islámico polo que loitaron os seus pais caeu en mans dos integristas e que non trae consigo nada bo.
     Neste punto acaba a historia do primeiro do catro álbums que compoñen Persépolis. O segundo ocupa o período de 1980 a 1984 e ten como transfondo a guerra entre Irán e Iraq a metade do oitenta e o inicio da súa adolescencia, onde coñeceremos, por exemplo, da súa afección a grupos musicais prohibidos polo regimen islámico, e algúns dos problemas en que se mete xa de ben jovencita polo seu carácter rebelde. O terceiro álbum céntrase nas múltiples penurias e peripecias vitais que vivirá a autora en Austria entre 1984 e 1989, onde é enviada a vivir polos seus pais para protexela tanto dos bombardeos como dos problemas legais nos que podería acabar de continuar coa súa conduta, que non sempre se adecuaba aos costumes propugnados desde o goberno islámico. O cuarto e último presentará o seu regreso a Irán, unha época en que realiza os seus estudos de belas artes en Teherán, e tras vivir en Europa varios anos explícanos como ten que volver afacerse novo ás condicións de vida baixo o réxime chiita do aiatolá.



No hay comentarios:

Publicar un comentario