martes, 15 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS: VALENTIN PAZ ANDRADE I


NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti volvas polo mare;
cando ti volvas polo mare...

Galiza, 1954

<


http://www.realacademiagalega.org/letras-actual
http://www.xunta.es/linguagalega/espazo_web_valentin_paz_andrade
www.valentinpazandrade.es
http://www.valentinpazandrade.es/gl/biografia
http://www.valentinpazandrade.es/gl/bibliografia
http://www.valentinpazandrade.es/gl/multimedia  (Audios, vídeos. imaxes)
http://www.valentinpazandrade.es/gl/novas
http://www.valentinpazandrade.es/gl/axenda
http://www.valentinpazandrade.es/gl/exposicions

lunes, 14 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS: VALENTIN PAZ ANDRADE


Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 23 de abril de 1898 - Vigo, Pontevedra, 19 de mayo de 1987) foi un xurista, político galleguista e escritor español en lingua galega e castelá.