miércoles, 27 de marzo de 2013

IRMÁN DO VENTO

É a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra. Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser. Irmán do vento é tamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza.
A acción transcorre en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra. A novela reflicte cómo a infancia, o. sector máis inocente da sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.

martes, 26 de marzo de 2013

ÚLTIMAS TARDES CON TERESA

Marca o nacemento do Pijoaparte, un dos personaxes máis fortes, orixinais e suxestivos de toda a literatura desa época, e que parece o dobre canalla do propio Marsé. A identificación autor/personaxe funciona cunha precisión e eficacia demoledoras, e o que empeza sendo a historia amorosa dunha nena ben, rebelde e inxenua (Teresa) e un charnego barriobajero, desarraigado e ladrón de motos (o Pijoaparte), termina como unha formidable sátira e encarnación do tempo en que transcorre esa breve, intensa e, loxicamente, calamitosa relación pasional.

martes, 12 de marzo de 2013

O NENO DO PIXAMA DE RAIAS

Este libro conta a historia dunha familia que por motivos de traballo de pai viaxan de Berlín a Ovichs.
O pequeno Bruno ao principio é un pouco reticente a facer a viaxe porque vai deixar aos seus amigos pero pronto fará un amigo moi especial no lugar onde está o seu novo fogar.

miércoles, 6 de marzo de 2013

EL CHICO DE LA ÚLTIMA FILA

Este libro de Juan Mayorga trata sobre mestres e discípulos; sobre pais e fillos; sobre o pracer de asomarse ás vidas axenas; unha obra sobre os que elixen a última fila, aquela dende a que se ve todas as demais.

lunes, 4 de marzo de 2013

AIRE NEGRO

Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandoe a súa prisión interior e comece a lembrar o seu pasado.«Escríbao todo, reviva outra vez o que pasou. Escriba o que non é capaz de expresar con palabras en voz alta. Así irán collendo sentido as lembranzas que agora permanecen enmarañadas na súa memoria.» O doutor conseguirá que Laura rememore todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para destruírnos.

LAS CHICAS DEL ALAMBRE

Un xornalista, Jon Boix, empregado na revista ?Zonas Interiores? é o encargado de facer unha reportaxe sobre ?as mozas de arame?. Tres mozas modelos coñecidas pola súa extrema delgadez. Vania era española, Jess Hunt americana e Cyrille exipcio-somalí.
Jess morreu polas drogas e Cyrille suicidouse ao saber que tiña sida.
Vania leva dez anos desaparecida tras ingresar nunha clínica para recuperarse da súa anorexia.
Jon Boix empeza a investigar sobre o paradoiro da modelo.
Fala con xente que traballou con ela e coñeceuna.
Mentres entrevistaba a Carlos Sanromán, o fotógrafo que lle fixo as súas primeiras fotografías, coñeceu a Sofía, unha modelo da cal se namorou e tras enfadarse e reconciliarse, acaba trabando na revista da nai de Jon.
Falou con moita xente, pero case ningún achega ningunha nova información e todos coinciden con que está morta.