martes, 29 de enero de 2013

EL CUERVO DE EDGAR ALLAN POE

Un home angustiado dormita sobre uns libros, sen poder afastar dos seus pensamentos a imaxe da súa amada Leonora, desexando que a noite desapareza e o novo día acougue a dor da ausencia.
Uns golpes espértano e estreméceno. Dúbida sobre a identidade de quen toca á súa porta, e ao abrila, un corvo emerxe, case da nada. Póusase no dintel da porta, e responde a todas as preguntas cunha única resposta: Nunca máis.

lunes, 21 de enero de 2013

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR


Dende a Biblio convídamos a que expresedes os sentimentos de amor, amizade... Como dicía Honoré Balzac: "O amor é a poesía dos sentidos".

miércoles, 16 de enero de 2013

OS LOBOS DE MOECHE

É unha historia de aventuras, unha obra de entretemento, non é unha obra histórica. Martín de Ferreira y Lopo son los dos protagonistas de Os lobos de Moeche.

martes, 15 de enero de 2013

A CAZA DO GHAZAFELLO

Este non vai ser un paseo para preguiceiros. Vai ter que esforzarse moito o teu tacto, o teu gusto –haberá comida a eito–, encherás o teu ouvido con imaxes marabillosas... E sobre todo vai ter que traballar a feito o músculo de pensar, ese sentido que non se ve, que lle chaman imaxinación. Espero que a teñas ben adestrada porque lle imos ofrecer en doses moi altas o alimento que máis a excita: os debuxos, a música e as palabras.

miércoles, 9 de enero de 2013

EL CHICO DE LA ÚLTIMA FILA

 O mozo da última fila comeza presentando a Germán, un profesor de bacharelato de Lingua e Literatura, mentres corrixe unhas redaccións dos seus alumnos nas que explican o que fixeron durante o fin de semana. Germán observa con decepción que os seus alumnos non son capaces de escribir nin dúas frases seguidas. Pero de súpeto a súa sorte cambia cando se atopa cunha redacción ben escrita e que consegue espertar a atención do lector. Pertence a Claudio, un misterioso alumno que non participa nas clases e senta sempre na última fila. Sorprendido pola calidade do texto comeza a lelo en voz alta ante a súa muller, Juana, para facela partícipe do interesante achado. Claudio narra con detalle como foi o fin de semana na casa do seu compañeiro Rafael Artola, a quen axuda cos exercicios de matemáticas, caracterizando con aguda ironía á "normal" familia de clase media do seu amigo, composta pola nai, chamada Ester, Rafa pai, Rafa fillo, e Marta, outra filla do matrimonio que non aparece na obra porque estuda no estranxeiro.