lunes, 22 de abril de 2013

EXPEDICIÓN AO PACÍFICO

Nos tempos axitados da Gloriosa, a revolución de setembro de 1868, Emilia Goianes, unha moza de Fisterra de 12 anos, cóase de polisón na goleta Resolución que vai ás selvas americanas con outras dúas para a Expedición Científica do Pacífico. Afeccionada á Zooloxía, escóndese no camarote do seu irmán Andrés, de 22 anos, zoólogo, que a descobre e acepta que vaia, a pesar de ser muller... Córtalle o pelo e preséntaa como o seu irmán. Aínda que, contando a mariñeiros e outros pasaxeiros que tiñan como misión estreitar as relacións de España con Latinoamérica, ían máis de douscentos no tres barcos, a expedición compúñase de oito notables científicos naturalistas. Ademais dun debuxante e fotógrafo en placas de vidro.
A viaxe polo continente resulta rico en descubrimentos científicos pero tamén moi perigoso. Descobren exemplares interesantes no arquipélago de Cabo Verde, onde un alacrán picou ao médico; ela está a piques de caer ao mar cando sobrevén un temporal, salvándoa o botánico cordobés e cronista da expedición Diego Vargas. Na selva amazónica quedan impresionados con tantos animais curiosos, e mesmo ven unha fila quilométrica de formigas da marabunta. Baixando cara ao sur ven baleas e non conseguen cruzar polo estreito de Magalhaes ao Pacífico, polo que pasan polo Cabo de Fornos, onde un mariñeiro andaluz delira cos desaparecidos, obsesionado pola lendaria desaparición do San Telmo. Están tres meses en Chile, pasando logo a Perú ao cráter do volcán Pichincha, onde os atrapa a neve durante dous días, ata que baixan a rescatalos. En Guatemala morre de ictericia o catalán Ros. En Panamá comunícanlles que, pola tensión diplomática entre España e Latinoamérica, non poden continuar no barco, polo que van polo Amazonas, onde ela lle fai fronte a unha serpe velenosa, e sofren todas as penurias, tendo mesmo que empeñar os reloxos para poder continuar. Ata que chegan a Belem. En casa do vicécónsul Silva, que os acolle, descobre o seu misterio Emilia, pois a filla, Arurora, bícaa no xardín, polo que lle confesa que é muller. Por suxestión dela, vístese como tal para o baile da noite en homenaxe á expedición. Nel, bícaa Diego, que xa sospeitaba que non podía ser un mozo desde que, ao salvala na tormenta, descubriu un pano coas súas iniciais e un anaco de pelo, que se lle caeron.
Así, co cambio persoal que supón a súa primeira regra, a relación con Diego e as intensas experiencias, mesmo anecdóticas -como o pingüín que ela alimenta dándolle peces ou a visión do mapinguari, a suposto metade vago metade gorila que andaban buscando, e nunca se atopou-, en decembro de 1871 están de volta. Fan daquela unha exposición en Madrid cos materiais da expedición. Que contou a voz narradora de Emilia, segundo pediulle Aurora, introducindo ademais reflexións sobre o contexto histórico, o darwinismo e o feminismo.
Nun Epílogo, a autora comenta que a Expedición do Pacífico existiu en realidade, aínda que cambiou datas e nomes, e introduciu o personaxe de Emilia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario