miércoles, 29 de febrero de 2012

VISITA A SANTIAGO

Os participantes deste curso do Club de Lectura foron este mércores a Santiago a Biblioteca Ánxel Casal e a Cidade da Cultura.

VISIONADO DE: EL NIÑO DEL PIJAMA DE RAYAS

LOS PIELES ROJAS NO QUIEREN HACER EL INDIO

Dous habitantes do val, Cachivaches e Matraco, ambiciosos, dominantes e ansiosos de poder, queren apropiarse de todo o bosque, aínda que teñan que loitar contra os seus habitantes. Utilizando a unha bruxa e aínda sabio, tratan de enganar a todo o mundo, pero grazas á intervención dun robot, establécese a orde e chega a reinar a paz e o amor.

lunes, 6 de febrero de 2012

UNHA ESTRELA NO VENTO

Ao dezasete anos, a vida de Miguel Foz complícase decisivamente. Con problemas de notas e comportamento no instituto, a infidelidade do seu pai, que di marchar de viaxe de traballo e el descobre que se vai de vacacións coa amante, ocasiona a ruptura matrimonial. Ademais, a morte duns tíos en accidente aumenta a familia cun primo diminuído físico e mental, Abel. Miguel convértese no seu gran valedor.
Pero o acontecemento decisivo prodúcese cando no bar-refuxio aparece vendendo rosas unha xitana, Raíña, e Miguel sente que coa moza vén algo novo. O irmán dela, Bruto, e os seus amigos veñan das súas relacións cunha malleira e navallada a Miguel. As bandas de ambos se enfrontan definitivamente o sábado xunto a uns precipicios. As malas artes dos ruíns compañeiros de Bruto, entre os que non falta un delator, provocan o desenlace mortal de Abel.