martes, 5 de junio de 2018

lunes, 29 de enero de 2018

II Encontro de Entroido

Xa comezou o Entroido e con el  a maxia dos disfraces, as comparsa e os Altos dos Xenerais. No noso IES por segundo ano consecutivo participa no Encontro de Entroido intercentros que terá lugar no Auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces. Neste encontro estarán representados os coles da contorna:  CEIP Ramón de Valenzuela (Bandeira), CEIP Nosa Señora da Piedade (Cruces), CEIP Cerdeiriñas (Piloño) e CEIP de Merza (Merza). Escenificaremos ao Altos do Xenerais e discurso dos mouros pero tamén Regueifaremos. Esperámovos o vindeiro 1 de Febreiro ás 11.
Oigan señores digan todos a unha voz
vivan os Xenerais do Ulla.
Vivan!!

viernes, 27 de noviembre de 2015

Falece Neira Vilas

Hoxe deixounos o cruceño máis internacional, o escritor máis coñecido da nosa vila que será sempre recordado polo seu personaxe de Balbino en Memorias dun neno labrego, unha obra imprescindible na historia da literatura galega. As homenaxes na súa honra levanse sucedendo xa durante varios anos nos que os galegos e galegas recoñeceron a importancia capital da escrita deste novelista que é un dos grandes creadores na nosa terra; a partires de hoxe as loubanzas xa non contarán coa súa presencia que sempre nos quedará nas súas obras.

Así recollen a nova algúns xornais: