martes, 23 de abril de 2013

EL DIARIO DE ANA FRANK

Tras a invasión de Holanda, os Frank, comerciantes xudeus alemáns emigrados a Amsterdam en 1933, ocultáronse da Gestapo nunha bufarda anexa ao edificio onde o pai de Ana tiña as súas oficinas. Eran oito acodes e permaneceron recluídas desde xuño de 1942 até agosto de 1944, data en que foron detidos e enviados a campos de concentración. Nese lugar e nas máis precarias condicións, Ana, naquel momento unha nena de trece anos, escribiu o seu estremecedor Diario: un testemuño único no seu xénero sobre o horror e a barbarie nazi, e sobre os sentimentos e experiencias da propia Ana e os seus acompañantes. Ana morreu no campo de Bergen-Belsen en marzo de 1945. O seu Diario nunca morrerá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario