Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na
clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura
Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en
escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o
único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia
innovadora, o doutor consigue que a paciente abandoe a súa prisión
interior e comece a lembrar o seu pasado.
«Escríbao todo, reviva outra vez o que pasou. Escriba o que non é capaz
de expresar con palabras en voz alta. Así irán collendo sentido as
lembranzas que agora permanecen enmarañadas na súa memoria.» O doutor
conseguirá que Laura rememore todo o que lle sucedeu nos meses
anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún
dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade
terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da
vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para
destruírnos.
martes, 8 de abril de 2014
lunes, 7 de abril de 2014
Abril, o mes do libro e da lectura
Chegou o mes de abril e con el promesas
de augas mil (é que non tivemos abondo?), pero tamén de libros e plácidas
lecturas nos días de vacacións que se aveciñan.
Na biblioteca queremos celebrar este mes
tan especial organizando ou colaborando na realización de diferentes
actividades:
1. Lembrade que
temos un concurso de fotografía aberto (a data límite de envío é o 22 deste mes).
2. Contaremos coa
visita sorpresa dun escritor.
3. O mércores 30
teremos entre nós a Jorge Mira, a quen escoitaremos falar de curiosidades
científicas varias.
4. Haberá unha
sorpresa para @s que vos animedes a pasar pola biblioteca o mércores 23.
Non faltedes!
E agora entre nós, sabedes por que o Día
Internacional do Libro é o 23 de abril e non calquera outro?
Aquí tedes unha breve explicación:
O 23 de abril de 1616 enterraban en
Madrid a Miguel de Cervantes Saavedera, sen dúbida, o máis importante escritor
en lingua castelá de todos os tempos. Dez días máis tarde, o 23 de abril de
1616, choraban en Londres a morte do senlleiro dramaturgo William Shakespeare.
Uuu, como é iso? O 23 de abril e 10 días
máis tarde, outra vez o 23 de abril? Pois ben, non nos equivocamos.
Ocorre que na Inglaterra do
século XVII aínda se rexían polo calendario xuliano –o que Xulio César encargara
ao astrónomo greco-exipcio Sosíxenes. Porén, ese calendario tiña un problema: cada ano duraba once
minutos e catorce segundos máis que o ano astronómico real. Parece un desaxuste pequeno, pero conforme pasaba o tempo, a
diferenza non paraba de medrar e o caos acadou tal magnitude que no século XVI
o papa Gregorio XIII promoveu unha nova reforma do calendario que eliminase os
días sobrantes, que daquela xa eran dez. Así se fixo e nos
países católicos –España entre eles– a xente foise á cama na noite do xoves 4
de outubro de 1582 e ergueuse na mañá do venres 15 de outubro de 1582 (ese si
que foi un cambio horario!). Non obstante, os países de
confesión protestante ou ortodoxa seguiron rexéndose durante moito tempo polo
vello calendario xuliano (Inglaterra, por exemplo, non adoptou o gregoriano ata
1752). Esa é a razón de que, aínda que entre a morte de Cervantes e de
Shakespeare transcorreron 11 días, tomamos o mesmo día, o 23 de abril, para
conmemorar a súa obra e celebrar o Día do Libro.
martes, 1 de abril de 2014
The murders in the rue Morgue
Se produce el asesinato de dos mujeres, madre e hija, en un apartamento de una calle de París.
Las primeras pesquisas que lleva a cabo la brigada de investigaciones
no dan resultado para
esclarec
er los hechos. Finalmente se hace cargo del asunto un detective
aficionado, Dupin quien tras intensa y brillante investigación, ofrece una explicación extraordinaria.
martes, 25 de marzo de 2014
Concurso de fotografía
Para celebrar o Día Internacional do Libro, a biblioteca do "IES Marco do Camballón" convoca:
I Concurso de Fotografía, que este ano terá como tema os libros e a lectura.
Aquí podedes consultar as bases.
domingo, 23 de marzo de 2014
Día Mundial da Poesía e día Internacional da Muller
Este ano, no que as efemérides se amorean
sen darnos un respiro, as alumnas de Grego II uniron o espírito de dúas
conmemoracións, o Día Internacional da Muller e o Día Mundial da Poesía,
traducindo o poema de Safo de Lesbos Os
irmáns. Trátase dun texto transmitido nun papiro do século III d. C. que
acaba de ser descuberto e divulgado en Internet antes da súa edición oficial
polo profesor da Universidade de Oxford Dick Obbink. Para nós, esta obra (de
enorme importancia no ámbito filolóxico onde vén de provocar un tsunami) ten un
valor simbólico indubidable en relación á pervivencia das linguas clásicas e ás
novas formas de transmisión e recepción da literatura e do saber: a voz dunha
muller do século VII a. C. que burla o paso do tempo agochada nun fragmento de papiro para
emerxer no século XXI nun novo mundo e nun novo medio, a rede, que a fai
accesible a todos.
Desde o IES "Marco do Camballón", unímonos coa
nosa voz e na nosa lingua á pléiade de afeccionados
á poesía grega que estes días comparten as súas versións do poema en Internet.
Aquí tedes o texto grego coa nosa
tradución ao galego e a continuación o vídeo que fixemos con estes e outros
materiais.
viernes, 21 de marzo de 2014
El libro de Camila y Manuel
¿Por qué el asesinato es el peor crimen? ¿Por qué hay que respetar a los
demás? ¿Cuándo se debe ayudar a otras personas? ¿¿Por qué se deben
cumplir las promesas? ¿Qué significa ser responsable? ¿Por qué es malo
robar? Estas y muchas otras cuestiones dan lugar a animadas y a veces
acaloradas discusiones sobre las que Manuel,
Camila y sus compañeros de clase dicen lo que piensan y sienten,
inquietos por los sucesos que cuentan sus padres en casa, que ven en la
televisión, en la calle e incluso en el patio de colegio.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)





