Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na
clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura
Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en
escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o
único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia
innovadora, o doutor consigue que a paciente abandoe a súa prisión
interior e comece a lembrar o seu pasado.
«Escríbao todo, reviva outra vez o que pasou. Escriba o que non é capaz
de expresar con palabras en voz alta. Así irán collendo sentido as
lembranzas que agora permanecen enmarañadas na súa memoria.» O doutor
conseguirá que Laura rememore todo o que lle sucedeu nos meses
anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún
dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade
terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da
vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para
destruírnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario