lunes, 21 de enero de 2013

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR


Dende a Biblio convídamos a que expresedes os sentimentos de amor, amizade... Como dicía Honoré Balzac: "O amor é a poesía dos sentidos".

miércoles, 16 de enero de 2013

OS LOBOS DE MOECHE

É unha historia de aventuras, unha obra de entretemento, non é unha obra histórica. Martín de Ferreira y Lopo son los dos protagonistas de Os lobos de Moeche.

martes, 15 de enero de 2013

A CAZA DO GHAZAFELLO

Este non vai ser un paseo para preguiceiros. Vai ter que esforzarse moito o teu tacto, o teu gusto –haberá comida a eito–, encherás o teu ouvido con imaxes marabillosas... E sobre todo vai ter que traballar a feito o músculo de pensar, ese sentido que non se ve, que lle chaman imaxinación. Espero que a teñas ben adestrada porque lle imos ofrecer en doses moi altas o alimento que máis a excita: os debuxos, a música e as palabras.

miércoles, 9 de enero de 2013

EL CHICO DE LA ÚLTIMA FILA

 O mozo da última fila comeza presentando a Germán, un profesor de bacharelato de Lingua e Literatura, mentres corrixe unhas redaccións dos seus alumnos nas que explican o que fixeron durante o fin de semana. Germán observa con decepción que os seus alumnos non son capaces de escribir nin dúas frases seguidas. Pero de súpeto a súa sorte cambia cando se atopa cunha redacción ben escrita e que consegue espertar a atención do lector. Pertence a Claudio, un misterioso alumno que non participa nas clases e senta sempre na última fila. Sorprendido pola calidade do texto comeza a lelo en voz alta ante a súa muller, Juana, para facela partícipe do interesante achado. Claudio narra con detalle como foi o fin de semana na casa do seu compañeiro Rafael Artola, a quen axuda cos exercicios de matemáticas, caracterizando con aguda ironía á "normal" familia de clase media do seu amigo, composta pola nai, chamada Ester, Rafa pai, Rafa fillo, e Marta, outra filla do matrimonio que non aparece na obra porque estuda no estranxeiro.                                                         

lunes, 10 de diciembre de 2012

EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MATEMÁTICAS



Un profesor propón a us alumnos un xogo como exame para aprobar as matemáticas. O venres pola tarde, o profesor morre, pero, antes de falecer, comenta aos seus alumnos que o sobre que hai no seu peto indicaralles como buscar ao seu asasino.

Non deben fallarlle...

martes, 4 de diciembre de 2012

LA ELEGANCIA DEL ERIZO

No número 7 da Rue Grenelle, un inmoble burgués de París, nada é o que parece. Pomba, unha solitaria nena de doce anos, e Renée, a intelixente porteira, esconden un segredo. A chegada dun home misterioso propiciará o encontro destas dúas almas xemelgas. Xuntas, descubrirán a beleza das pequenas cousas, invocarán a maxia dos praceres efémeros e inventarán un mundo mellor. A elegancia do ourizo é unha novela optimista, un pequeno tesouro que nos revela como sobrevivir grazas á amizade, o amor e a arte. Mentres pasamos as páxinas cun sorriso, as voces de Renée e Pomba tecen, cunha linguaxe melodioso, un cativador himno á vida. 

Próxima reunión 12/12/2012

lunes, 3 de diciembre de 2012

A MANSIÓN DOS PAMPÍN

O matrimonio de Indalecio Pampín e Concha reciben un herdo da tía Isolina: teñen que escoller entre dous lotes coas súas propiedades na aldea ou na cidade....