miércoles, 9 de enero de 2013

EL CHICO DE LA ÚLTIMA FILA

 O mozo da última fila comeza presentando a Germán, un profesor de bacharelato de Lingua e Literatura, mentres corrixe unhas redaccións dos seus alumnos nas que explican o que fixeron durante o fin de semana. Germán observa con decepción que os seus alumnos non son capaces de escribir nin dúas frases seguidas. Pero de súpeto a súa sorte cambia cando se atopa cunha redacción ben escrita e que consegue espertar a atención do lector. Pertence a Claudio, un misterioso alumno que non participa nas clases e senta sempre na última fila. Sorprendido pola calidade do texto comeza a lelo en voz alta ante a súa muller, Juana, para facela partícipe do interesante achado. Claudio narra con detalle como foi o fin de semana na casa do seu compañeiro Rafael Artola, a quen axuda cos exercicios de matemáticas, caracterizando con aguda ironía á "normal" familia de clase media do seu amigo, composta pola nai, chamada Ester, Rafa pai, Rafa fillo, e Marta, outra filla do matrimonio que non aparece na obra porque estuda no estranxeiro.                                                         

No hay comentarios:

Publicar un comentario