martes, 4 de diciembre de 2012

LA ELEGANCIA DEL ERIZO

No número 7 da Rue Grenelle, un inmoble burgués de París, nada é o que parece. Pomba, unha solitaria nena de doce anos, e Renée, a intelixente porteira, esconden un segredo. A chegada dun home misterioso propiciará o encontro destas dúas almas xemelgas. Xuntas, descubrirán a beleza das pequenas cousas, invocarán a maxia dos praceres efémeros e inventarán un mundo mellor. A elegancia do ourizo é unha novela optimista, un pequeno tesouro que nos revela como sobrevivir grazas á amizade, o amor e a arte. Mentres pasamos as páxinas cun sorriso, as voces de Renée e Pomba tecen, cunha linguaxe melodioso, un cativador himno á vida. 

Próxima reunión 12/12/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario