Orfo, relojero e ladrón, Hugo vive entre os muros dunha atarefada estación parisiense de ferrocarrís. Se quere sobrevivir, ninguén debe saber da súa existencia. Con todo, un día ten un descoido e é descuberto por unha excéntrica moza, amante dos libros e por un vello e amargado fabricante de xoguetes. E xa nada será como antes.
jueves, 19 de abril de 2012
lunes, 16 de abril de 2012
jueves, 12 de abril de 2012
LA PERLA
Este é o libro que imos ler. Nárrase a historia da perla e como foi atopada por Kino, a súa esposa Xoana e o seu fillo Coyotito sufriron a persecución implacable duns homes, cuxa intención era roubarlles a perla; pero lograron fuxir dos malvados ladróns, que non puideron dar con eles e non conseguiron apoderarse da perla, ao final da novela, Kino decidiu desfacerse da perla lanzándoa ao mar; atravesou as fermosas augas de cor verde e chegou ao fondo.
CLUB LECTURA ADULTOS
Na próxima sesión, que será o 10 de maio, imos a compartir o libro Estupor y temblores.
Esta novela cóntanos a historia de Amèlie, unha moza belga de 22 anos emigrada a Xapón, cando entra a traballar en Tokio para unha das maiores empresas do mundo, Yamamoto. Esta empresa é a quintaesencia da cultura empresarial nipoa, na que o importante non é tanto canta xente tes por baixo, senón cuantos superiores. Nesta estrutura fortemente jerarquizada, un inferior debe presentarse ante o seu xefe con "estupor e tremores", tal como esixía o emperador do Sol Nacente a todos os seus súbditos.
miércoles, 11 de abril de 2012
VISIONADO DE: JANE EYRE
Hoxe vai ter lugar a aula Manuel Dobarro o visionado da Película Jane Eyre, como complemento a lectura do libro. Este drama dirixido por Zeffirelli recibiu no1995 premio David di Donatello ao mellor vestiario.
É unha adaptación da novela de Charlotte Brontë, que conta a historia de Jane Eyre que despois de ser educada nun orfanato é contratada coma institutriz polo Señor Rochester para que se encargue da educación da súa filla.
lunes, 9 de abril de 2012
JANE EYRE
Jane Eyre (1847) de Charlotte Brönte, unha das novelas máis famosas destes dous últimos séculos, adóitase gardar a imaxe ultrarromántica dunha azarosa historia de amor entre unha institutriz pobre e o seu rico e atormentado patrón, no marco truculento e misterioso dunha fantasmagoría gótica E esquécese que, antes e despois da relación central co misterioso, sardónico e violento señor Rochester, a protagonista tivo unha vida: episodios arrepiantes dunha infancia tan maltratada como rebelde, anos de enfermidade e ardua aprendizaxe nun tétrico internado, estacións de penuria e renuncia na máis absoluta desolación física e moral, inesperados golpes de fortuna, mesmo remansos de paz familiar e novas `aínda que enganosas` proposicións de matrimonio Adóitase deixar de lado que, en fin, a novela é todo un libro da vida, unha exhaustiva ilustración da loita entre conciencia e sentimento, entre principios e desexos, entre lexitimidade e carácter, dunha heroína que é a «chama cativa» entre os extremos que forman a súa natureza.
jueves, 5 de abril de 2012
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)





