lunes, 9 de abril de 2012

JANE EYRE




Jane Eyre (1847) de Charlotte Brönte, unha das novelas máis famosas destes dous últimos séculos, adóitase gardar a imaxe ultrarromántica dunha azarosa historia de amor entre unha institutriz pobre e o seu rico e atormentado patrón, no marco truculento e misterioso dunha fantasmagoría gótica E esquécese que, antes e despois da relación central co misterioso, sardónico e violento señor Rochester, a protagonista tivo unha vida: episodios arrepiantes dunha infancia tan maltratada como rebelde, anos de enfermidade e ardua aprendizaxe nun tétrico internado, estacións de penuria e renuncia na máis absoluta desolación física e moral, inesperados golpes de fortuna, mesmo remansos de paz familiar e novas `aínda que enganosas` proposicións de matrimonio Adóitase deixar de lado que, en fin, a novela é todo un libro da vida, unha exhaustiva ilustración da loita entre conciencia e sentimento, entre principios e desexos, entre lexitimidade e carácter, dunha heroína que é a «chama cativa» entre os extremos que forman a súa natureza.



No hay comentarios:

Publicar un comentario