jueves, 31 de octubre de 2013

CALÍGULA

Reflexión sobre os problemas e obsesións que nutriron a súa creación literaria e teórica, CALÍGULA  é unha das grandes pezas dramáticas de Albert Camus (1913-1960). Nela, os temas recorrentes do absurdo existencial, o alleamento metafísico, o sufrimento do home e a lóxica do poder reciben un despregamento dramático que discorre en paralelo ás novelas e ensaios dun autor cuxo talento e sensibilidade ética centráronse sempre nunha indagación sobre a complexidade, a ambigüidade e a riqueza da condición humana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario