miércoles, 12 de febrero de 2014

REUNIÓN CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

Na xornada de hoxe estivemos a falar de El Lector



 

Tamén falamos do libro de Murakami, Los años de peregrinación del chico sin color e a proposta para o vindeiro mes é Primavera con una esquina rota de Mario Benedetti onde se narra a situación dunha sociedade marcada pola represión e o autoritarismo, é un puete entre Uruguai baixo a ditadura e o Uruguai do exilio.
Primavera con una esquina rota  combina ternura, denuncia, pasión, amor e historia.

PRÓXIMA REUNIÓN 12/03/2014

lunes, 27 de enero de 2014

O misterio de Faro Vello


O alumnado de 1º de ESO vai traballar o libro de Fina Casalderrey. Nesta obra conta a historia duns rapaces que queren descubrir a orixe dunhas bolas de luz que flotan sobre o Faro Vello algunha vez

miércoles, 15 de enero de 2014

lunes, 16 de diciembre de 2013

EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MATEMÁTICAS

 Tres novos escolares (Adela, Luc e Nico) que tiñan serios problemas coas matemáticas.

Cando suspenderon o último exame de matemáticas, o seu profesor, Felipe Romeu, mais coñecido como ?O Fepe?, decidiu darlles unha segunda oportunidade? esta vez non consistía nun exame normal, senón nun xogo, mais concretamente unha gymkhana matemática (con oito problemas e sete probas de enxeño) na cal tiñan que adiviñar quen era o suposto asasino do profesor.

Todo cambia cando, ao día seguinte, para dar inicio ao xogo, o profesor preséntase ante eles envolto en sangue e moribundo, dicíndolles que o seu suposto asasino disparáralle de verdade, e que tiñan que deterlle antes de que escapase.

domingo, 15 de diciembre de 2013

MENSAJE CIFRADO

Santiago estaba moi unido ao seu avó. Tiñan frecuentes e interminables sesións de oca, durante as cales falaban de todo... ou de case todo. Tras o falecemento do avó, Santiago atopa sobre o taboleiro da oca un sobre destinado a el. Cre que se pode tratar dunha mensaxe de despedida, ou consellos sobre a vida, pero non, é unha especie de xeroglífico.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

REUNIÓN CLUB DE ADULTOS

Estes foron algúns dos libros dos que falamos hoxe.


Na próxima reunión 15/ 01/2014 imos falar de Bajarse al moro de Alonso Santos.

domingo, 8 de diciembre de 2013

ADEUS A MANDELA

Nelson Mandela


"A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo",

  N. Mandela. 



 ATA SEMPRE MADIBA!!