
O alumnado de 1º de ESO vai traballar o libro de Fina Casalderrey. Nesta obra conta a historia duns rapaces que queren descubrir a orixe dunhas bolas de luz que flotan sobre o Faro Vello algunha vez
Santiago estaba moi unido ao seu avó. Tiñan frecuentes e interminables sesións de oca, durante as cales falaban de todo... ou de case todo. Tras o falecemento do avó, Santiago atopa sobre o taboleiro da oca un sobre destinado a el. Cre que se pode tratar dunha mensaxe de despedida, ou consellos sobre a vida, pero non, é unha especie de xeroglífico.