Tres novos escolares (Adela, Luc e Nico) que tiñan serios problemas coas matemáticas.
Cando suspenderon o último exame de matemáticas, o seu profesor, Felipe Romeu, mais coñecido como ?O Fepe?, decidiu darlles unha segunda oportunidade? esta vez non consistía nun exame normal, senón nun xogo, mais concretamente unha gymkhana matemática (con oito problemas e sete probas de enxeño) na cal tiñan que adiviñar quen era o suposto asasino do profesor.
Todo cambia cando, ao día seguinte, para dar inicio ao xogo, o profesor preséntase ante eles envolto en sangue e moribundo, dicíndolles que o seu suposto asasino disparáralle de verdade, e que tiñan que deterlle antes de que escapase.
lunes, 16 de diciembre de 2013
domingo, 15 de diciembre de 2013
MENSAJE CIFRADO
Santiago estaba moi unido ao seu avó. Tiñan frecuentes e interminables sesións de oca, durante as cales falaban de todo... ou de case todo. Tras o falecemento do avó, Santiago atopa sobre o taboleiro da oca un sobre destinado a el. Cre que se pode tratar dunha mensaxe de despedida, ou consellos sobre a vida, pero non, é unha especie de xeroglífico.miércoles, 11 de diciembre de 2013
REUNIÓN CLUB DE ADULTOS
Estes foron algúns dos libros dos que falamos hoxe.
Na próxima reunión 15/ 01/2014 imos falar de Bajarse al moro de Alonso Santos.
Na próxima reunión 15/ 01/2014 imos falar de Bajarse al moro de Alonso Santos.
domingo, 8 de diciembre de 2013
ADEUS A MANDELA
"A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo",
N. Mandela.
ATA SEMPRE MADIBA!!
ATA SEMPRE MADIBA!!
miércoles, 20 de noviembre de 2013
ELENA PONIATOWSKA, PREMIO CERVANTES
Por cuarta vez nos 38 anos de historia deste galardón, o Cervantes recae nunha muller: a mexicana Elena Poniatowska. Nacida en París hai 81 anos e de pai polaco, destaca polo seu labor como narradora e periodista. Entre os seus títulos, subliñamos obras comoLa noche de Tlatelolco, Nada, nadie: las voces del temblor,Hasta no verte Jesús mío, La piel del cielo ou Leonora.
Este último título témolo na Biblioteca. Atoparalo na sección de Lingua Castelá co seguinte número de rexistro e etiqueta:
Este último título témolo na Biblioteca. Atoparalo na sección de Lingua Castelá co seguinte número de rexistro e etiqueta:
5594
N/PON/leo
miércoles, 13 de noviembre de 2013
REUNIÓN DE CLUB DE ADULTOS
Juan Mayorga premio Nacional de Literatura Dramática
Juan Mayorga foi galardoado este ano co Premio Nacional de Literatura Dramática pola súa obra La lengua en pedazos. Na nosa biblioteca temos un dos seus títulos que atoparás na sección de Lingua Castelá coa seguinte etiqueta:
T/MAY/chi
Se queres ampliar información sobre o autor preme aquí:
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)





