viernes, 22 de junio de 2012

BOAS VACACIÓNS

Dende o Club de lectura desexamos que teñades boas vacacións pero... 

...LEMBRA...ERES O QUE LES!!.  
POR ISO... NON ESQUEZAS LEVAR UN LIBRO VAIAS ONDE VAIAS...    

                     

jueves, 14 de junio de 2012

CLUB DE LECTURA ADULTOS: LA CENA

Ata onde é capaz de chegar un pai para encubrir a un fillo que comete un delito inxustificable? Debe prevalecer o instinto de protección paterna, ou a lealdade a unhas normas sociais que garanten a coherencia e a fortaleza do grupo? Estas e outras preguntas de igual calibre xorden como dardos durante a lectura da cea, unha novela aceda e provocadora que apunta sen miramientos a toda unha clase social acomodada dos Países Baixos e, por extensión, de toda Europa, instalada nunha inercia de autosatisfacción e compracencia, e indiferente cara ao devir da xeración que ha de sucedela.
Dúas parellas citáronse a cear nun moderno e exclusivo restaurante de Ámsterdam. Mentres saborean o aperitivo e charlan con aparente despreocupación sobre a última película de moda e os seus plans para as vacacións, son conscientes de que, tarde ou cedo, deberán abordar o incerto e perentorio asunto que os levou a reunirse: o futuro de Michel e Rick, os seus fillos de quince anos, que segundo algúns indicios poderían estar envoltos nun caso de violencia grave. Así pois, tras as sobremesas, cando a cea chegue aos seus últimos compases, a tensión entre os comensais alcanzaría o seu punto culminante e a cadea de segredos e revelacións confluirán nun final dramático no que ninguén poderá esgrimir a súa inocencia.

martes, 15 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS: VALENTIN PAZ ANDRADE I


NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti volvas polo mare;
cando ti volvas polo mare...

Galiza, 1954

<


http://www.realacademiagalega.org/letras-actual
http://www.xunta.es/linguagalega/espazo_web_valentin_paz_andrade
www.valentinpazandrade.es
http://www.valentinpazandrade.es/gl/biografia
http://www.valentinpazandrade.es/gl/bibliografia
http://www.valentinpazandrade.es/gl/multimedia  (Audios, vídeos. imaxes)
http://www.valentinpazandrade.es/gl/novas
http://www.valentinpazandrade.es/gl/axenda
http://www.valentinpazandrade.es/gl/exposicions

lunes, 14 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS: VALENTIN PAZ ANDRADE


Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 23 de abril de 1898 - Vigo, Pontevedra, 19 de mayo de 1987) foi un xurista, político galleguista e escritor español en lingua galega e castelá. 

lunes, 23 de abril de 2012

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO



Discreto amigo es un libro:
¡qué a propósito habla
siempre en lo que quiero yo,
siempre en lo que yo no quiero…!

CALDERÓN DE LA BARCA