miércoles, 16 de octubre de 2013

Reunión Club Lectura Adultos


As suxestións da reunión de hoxe foron:








PRÓXIMA REUNIÓN 13/11/2013

Boa lectura a tod@s!

PREMIOS DE FÍSICA


        Nobel de física 2013


Entre os galardóns entregados este ano pola Real Academia de Ciencias Sueca, imos destacar o Premio Nobel de Física, outorgado a Robert Higgs e François Englert.




Estes dous científicos, británico e belga de 84 e 81 anos respectivamente, levan á  procura dunha  demostración válida da existencia do Bosón de Higgs desde 1964. E como acostuma suceder na investigación, quen a segue, conséguea!!

Neste vídeo tedes una breve explicación de que raios é  o “Bosón de Higgs” ou “partícula de Deus”


                    por que as “cousas” teñen masa?


Por certo, o da “partícula de Deus” debémosllo a un editor simpático que cambiou “The Goddamn particle” (a maldita partícula) por “The God particle”.



martes, 15 de octubre de 2013

II CONCURSO DE RELATO EUREKA


Eureka!




II CONCURSO de Relato breve


CONCIÉNCIATE E PARTICIPA!



Consulta as bases na biblioteca ou no blog Abre os ollos





A BIBLIOTECA do IES “Marco do Camballón”

CONVOCA

EUREKA!

II CONCURSO de  RELATOS

Participantes: poderá tomar parte no concurso todo o alumnado matriculado no centro no curso académico 20132014.

Presentación: Cada participante poderá presentar, se así o desexa, ata dous relatos escritos en lingua galega. Nun sobre, introduciranse o relato, asinado cun pseudónimo, e un folio no que constarán os seguintes datos:

Pseudónimo
Nome e apelidos
Curso e grupo

Extensión: as obras presentadas non excederán as cinco páxinas a ordenador (arredor de 1200 palabras).

Temaos relatos deberán incluír algún aspecto científico, sexa como asunto principal ou ben como elemento secundario pero con incidencia na historia desenvolvida.
Poderase aludir a calquera especialidade científica (física, química, bioloxía, medicina, matemáticas, astronomía etc.).
Os/-as autores/-as terán plena liberdade para enfocar os seus relatos desde un punto de vista realista ou fantástico e para situalos en calquera marco temporal (pasado, presente ou futuro) e espacial.

Prazo: os relatos entregaranse na Biblioteca ata o venres 6 de decembro de 2013.
O resultado do concurso será publicado na Biblioteca o mércores 18 de decembro.

Premiosestablécense dúas categorías:
Categoría A: 1º, 2º, 3º e 4º de ESO
Categoría B: 1º e 2º de Bacharelato e Ciclo.
En cada categoría haberá un primeiro premio, dotado con 50 € e un segundo premio, dotado con 25 €. Ademais, os relatos gañadores serán publicados no blog Abre os ollos.

Ø  Os premios poderán ser declarados desertos no caso de non acadaren os relatos presentados un mínimo de calidade.

Ø  Se se constatase que un relato constitúe copia doutro, non será tido en conta.



Ánimo a todos e todas!


viernes, 11 de octubre de 2013

PREMIO NOBEL DE LITERATURA


NOBEL DE LITERATURA 2013
é para…

ALICE MUNRO



Coa escritora canadiense, nacida en 1931, son xa trece as mulleres galardoadas con este premio, sen dúbida o de maior prestixio no eido das letras universais.

Da súa obra, podemos ler en castelán case unha ducia de títulos:

Las lunas de Júpiter; El progreso del amor; Amistad de juventud; Secretos a voces; El amor de una mujer generosa; Odio, amistad, noviazgo, amor, matrimonio; Escapada; La vista desde Castle Rock; Demasiada felicidad; La vida de las mujeres e Mi vida querida.

Na seguinte ligazón podes ler o seu relato "Radicales libres":


Parabéns, Alice.


jueves, 10 de octubre de 2013

PREMIO NACIONAL DE POESÍA

Parabéns

Ao poeta galego
Manuel Álvarez Torneiro
que acaba de recibir o Premio Nacional de Poesía
pola súa obra Os ángulos da brasa.


Se queres coñecer a súa produción poética, busca as seguintes signaturas na nosa biblioteca:


P/ÁLV/hab
P/ÁLV/voc
P/ÁLV/luz
P/ÁLV/par 






martes, 1 de octubre de 2013

CLUB LECTURA ADULTO

O vindeiro  16 de outubro teremos a primeira reunión do Club de Adulto na Biblio do centro alí nos esperamos a todos e todas.