miércoles, 17 de octubre de 2012

DÍA INTERNACIONAL DE LA ERRADICACIÓN DE LA POBREZA

17 de outubre: Día Internacional para a Erradicación da Pobreza


ANA Y LA SIBILA

Ana e Mario teñen 14 anos, non se soportan e atópanse en Roma en viaxe de estudos. Mentres contempla o teito da Capela Sixtina, Ana recibe unha chamada de socorro da Sibila de Cumas, unha misteriosa adiviña dos tempos antigos condenada a envellecer durante mil anos. Esa mesma noite, a moza escapa do hotel e se interna entre as rúas da cidade para emprender un rescate a través do tempo, nada menos que até a Roma imperial. Pero Mario sospeita algo e, no último momento, decide non abandonala na súa perigosa aventura. Ana e a Sibila é unha historia trepidante e sensible á vez, onde a auténtica amizade únese á curiosidade polos misterios do pasado.

martes, 16 de octubre de 2012

PREMIO PLANETA

Ganou o premio Planeta Lorenzo Silva coa novela La marca del meridiano.  

NUNCA SERÉ TU HEROE

Andrés está farto do colexio, dos grans, do rolo da súa nai, da plasta da súa irmá, de Jorge o birlanovias, da vida en xeral e do profe de Historia en particular. Dani e el propuxéronse cambiar o mundo e fan un esconxuro que lles fará inmunes ás fantasmadas dos ricos, pelotas e demais aves carroñeras, e converteraos en heroes. Bo, polo menos iso é o que estaba previsto. Se logo as cousas se tuercen...

 Este é o libro que imos a ler no Club de lectura de 2º ESO. Esperamos que vos guste!!!

lunes, 15 de octubre de 2012

CON LOS OJOS CERRADOS

Ana comeza o curso enche de inquietudes: o seu aspecto físico, a súa timidez, os mozos... Pero un día chega ao instituto un novo profesor, o cal ten o mesmo aspecto que un alumno. Ana namórase del e decide declararse durante unha excursión. Xusto nese momento ocorre algo que cambiará a vida dos protagonistas.

Este é o libro que imos a ler no Club de 1º ESO

miércoles, 3 de octubre de 2012

RECOMENDACIÓNS

Nesta reunión estivemos facendo referencias a aquelas lecturas interesantes que fixemos nestas vacacións e recomendamos libros como:


A próxima sesión terá lugar o vindeiro 31 de outubro e leremos en UNA LUZ EN LA MARISMA

1º SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

Hoxe as 17. 30 na biblioteca do IES inaguramos  o Club de Adultos deste curso. Esperámosvos!!!