miércoles, 31 de octubre de 2012

UNA LUZ EN LAS MARISMAS

No día de hoxe imos a comentar no Club de Adultos o libro de Javier Alfaya no que se narra que a un vagabundo atribúeselle un misterioso crime. Gabriel e a súa irmá viron algo que pon en dúbida a versión oficial da policía e realizarán unha investigación paralela para que se faga xustiza.

viernes, 26 de octubre de 2012

JAVIER MARÍAS, PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA

O Ministerio de Cultura otorgoulle o premio  a Javier Marías pola obra "Los enamoramientos" pero el decidiu rexeitalo  e pediu que destinen eses cartos ás BIBLIOTECAS.


Le a noticia aquí.

miércoles, 24 de octubre de 2012

lunes, 22 de octubre de 2012

PUBLICIDADE DE CLUB DE LECTURA E DA BIBLIOTECA

O alumnado de 1º Bacharelato fixeron, con motivo do día das Bibliotecas Escolares, publicidade da nosa Biblioteca e do Club de Lectura do centro

Biblioteca
 

Club de Lectura

miércoles, 17 de octubre de 2012

DÍA INTERNACIONAL DE LA ERRADICACIÓN DE LA POBREZA

17 de outubre: Día Internacional para a Erradicación da Pobreza


ANA Y LA SIBILA

Ana e Mario teñen 14 anos, non se soportan e atópanse en Roma en viaxe de estudos. Mentres contempla o teito da Capela Sixtina, Ana recibe unha chamada de socorro da Sibila de Cumas, unha misteriosa adiviña dos tempos antigos condenada a envellecer durante mil anos. Esa mesma noite, a moza escapa do hotel e se interna entre as rúas da cidade para emprender un rescate a través do tempo, nada menos que até a Roma imperial. Pero Mario sospeita algo e, no último momento, decide non abandonala na súa perigosa aventura. Ana e a Sibila é unha historia trepidante e sensible á vez, onde a auténtica amizade únese á curiosidade polos misterios do pasado.

martes, 16 de octubre de 2012