
Ana e Mario teñen 14 anos, non se soportan e atópanse en Roma en viaxe de estudos. Mentres contempla o teito da Capela Sixtina, Ana recibe unha chamada de socorro da Sibila de Cumas, unha misteriosa adiviña dos tempos antigos condenada a envellecer durante mil anos. Esa mesma noite, a moza escapa do hotel e se interna entre as rúas da cidade para emprender un rescate a través do tempo, nada menos que até a Roma imperial. Pero Mario sospeita algo e, no último momento, decide non abandonala na súa perigosa aventura. Ana e a Sibila é unha historia trepidante e sensible á vez, onde a auténtica amizade únese á curiosidade polos misterios do pasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario