jueves, 6 de junio de 2013

AVALIACIÓN DO CLUB DE LECTURA

O CAMBALEÓN VIAXA ÁS CÍES

O Club de Lectura este curso decideu facer a última reunión todos xuntos nas Cíes, onde a parte dunha fermosa caminata ata o faro estivemos escoitando lendas da zona e pola tarde podemos disfrutar dun baño nas augas do océano Atlántico

martes, 23 de abril de 2013

PREMIO CERVANTES



José Manuel Caballero Bonald, uno de los grandes poetas en lengua española.

SEMANA DO LIBRO

Hoxe inaguramos unha exposición de libros moi especiais 

DSCN0716dDSCN0716bDSCN0716eDSCN0717DSCN0719DSCN0720
DSCN0721DSCN0723DSCN0724DSCN0718DSCN0725DSCN0726
DSCN0715DSCN0716DSCN0717DSCN0718DSCN0719DSCN0720
DSCN0721DSCN0722DSCN0724DSCN0725DSCN0726DSCN0727
semana do libro, un álbum en Flickr.

EL DIARIO DE ANA FRANK

Tras a invasión de Holanda, os Frank, comerciantes xudeus alemáns emigrados a Amsterdam en 1933, ocultáronse da Gestapo nunha bufarda anexa ao edificio onde o pai de Ana tiña as súas oficinas. Eran oito acodes e permaneceron recluídas desde xuño de 1942 até agosto de 1944, data en que foron detidos e enviados a campos de concentración. Nese lugar e nas máis precarias condicións, Ana, naquel momento unha nena de trece anos, escribiu o seu estremecedor Diario: un testemuño único no seu xénero sobre o horror e a barbarie nazi, e sobre os sentimentos e experiencias da propia Ana e os seus acompañantes. Ana morreu no campo de Bergen-Belsen en marzo de 1945. O seu Diario nunca morrerá.

PERSÉPOLE

Persépole é a historia autobiográfica da iraniana Marjane Satrapi, a historia de como creceu nun réxime fundamentalista islámico que a acabaría levando a abandonar o seu país. O cómic empeza a partir do ano 1979, cando Marjane ten dez anos e desde a súa perspectiva infantil é testemuña dun cambio social e político que pon fin a máis de cincuenta anos de reinado do xa de Persia en Irán e dá paso a unha república islámica.

Ademais de diferenciarse dos demais nenos por ser educada ao estilo occidental dentro dunha familia de clase alta e por uns pais de ideoloxía progresista e partidarios do islamismo moderado, "Marji" (como a coñeceremos ao principio da historia) tamén ten unha considerable inquietude intelectual para unha nena da súa idade e notable imaxinación que a leva a manter conversacións con Deus -ao que atopa un curioso parecido con Karl Marx
- ou soñar con chegar a ser algún día o última profeta que siga os pasos de Jesús e Mahoma. A historia duns antepasados ilustres (o seu bisavó foi o último rei da dinastía persa dos Qadjar), unha familia que se opón activamente ao goberno do Xa, as manifestacións, a diferenza de clases sociais ou a marxinación da nena son algunhas das pezas do quebracabezas que Marji esfórzase por compor coa intención de comprender o mundo que a rodea. Á vez que vai crecendo, Marjane dáse conta de que o novo réxime islámico polo que loitaron os seus pais caeu en mans dos integristas e que non trae consigo nada bo.