lunes, 6 de febrero de 2012

UNHA ESTRELA NO VENTO

Ao dezasete anos, a vida de Miguel Foz complícase decisivamente. Con problemas de notas e comportamento no instituto, a infidelidade do seu pai, que di marchar de viaxe de traballo e el descobre que se vai de vacacións coa amante, ocasiona a ruptura matrimonial. Ademais, a morte duns tíos en accidente aumenta a familia cun primo diminuído físico e mental, Abel. Miguel convértese no seu gran valedor.
Pero o acontecemento decisivo prodúcese cando no bar-refuxio aparece vendendo rosas unha xitana, Raíña, e Miguel sente que coa moza vén algo novo. O irmán dela, Bruto, e os seus amigos veñan das súas relacións cunha malleira e navallada a Miguel. As bandas de ambos se enfrontan definitivamente o sábado xunto a uns precipicios. As malas artes dos ruíns compañeiros de Bruto, entre os que non falta un delator, provocan o desenlace mortal de Abel.

domingo, 15 de enero de 2012

ANIMAIS

O meio natural. A língua. A ánsia de justiça, liberdade, independência. Galiza. O poder da palavra. E um chamamento à açom coletiva, além da resistência. Som os alicerces de Animais, umha obra que se poderia definir como um álbume ilustrado. Um poemário. Umha coletánea de relatos. Com versos como estes: