Tres novos escolares (Adela, Luc e Nico) que tiñan serios problemas coas matemáticas.
Cando suspenderon o último exame de matemáticas, o seu profesor, Felipe Romeu, mais coñecido como ?O Fepe?, decidiu darlles unha segunda oportunidade? esta vez non consistía nun exame normal, senón nun xogo, mais concretamente unha gymkhana matemática (con oito problemas e sete probas de enxeño) na cal tiñan que adiviñar quen era o suposto asasino do profesor.
Todo cambia cando, ao día seguinte, para dar inicio ao xogo, o profesor preséntase ante eles envolto en sangue e moribundo, dicíndolles que o seu suposto asasino disparáralle de verdade, e que tiñan que deterlle antes de que escapase.
lunes, 16 de diciembre de 2013
domingo, 15 de diciembre de 2013
MENSAJE CIFRADO

miércoles, 11 de diciembre de 2013
REUNIÓN CLUB DE ADULTOS
Estes foron algúns dos libros dos que falamos hoxe.
Na próxima reunión 15/ 01/2014 imos falar de Bajarse al moro de Alonso Santos.
Na próxima reunión 15/ 01/2014 imos falar de Bajarse al moro de Alonso Santos.
domingo, 8 de diciembre de 2013
ADEUS A MANDELA
"A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo",
N. Mandela.
ATA SEMPRE MADIBA!!
ATA SEMPRE MADIBA!!
miércoles, 20 de noviembre de 2013
ELENA PONIATOWSKA, PREMIO CERVANTES
Por cuarta vez nos 38 anos de historia deste galardón, o Cervantes recae nunha muller: a mexicana Elena Poniatowska. Nacida en París hai 81 anos e de pai polaco, destaca polo seu labor como narradora e periodista. Entre os seus títulos, subliñamos obras comoLa noche de Tlatelolco, Nada, nadie: las voces del temblor,Hasta no verte Jesús mío, La piel del cielo ou Leonora.
Este último título témolo na Biblioteca. Atoparalo na sección de Lingua Castelá co seguinte número de rexistro e etiqueta:
Este último título témolo na Biblioteca. Atoparalo na sección de Lingua Castelá co seguinte número de rexistro e etiqueta:
5594
N/PON/leo
miércoles, 13 de noviembre de 2013
REUNIÓN DE CLUB DE ADULTOS
Juan Mayorga premio Nacional de Literatura Dramática
Juan Mayorga foi galardoado este ano co Premio Nacional de Literatura Dramática pola súa obra La lengua en pedazos. Na nosa biblioteca temos un dos seus títulos que atoparás na sección de Lingua Castelá coa seguinte etiqueta:
T/MAY/chi
Se queres ampliar información sobre o autor preme aquí:
viernes, 8 de noviembre de 2013
Semana de Bibliotecas Escolares
A maior participación deuse entre o alumnado de 1º e 2º de ESO e a lectura máis votada foi Con los ojos cerrados de Alfredo Gómez Cerdá.
Parabéns para o afortunado gañador Diego Medela!
jueves, 7 de noviembre de 2013
O MÁXICO ARRECENDO E OUTRAS HISTORIAS
"O máxico arrecendo e outras histórias" (1992), unha historia ambientada na Idade Media de Galicia, é unha completa colección dos seus primeiros traballos en branco e negro, que proban a diversidade do estilo e a evolución de Fran Bueno antes de converterse en profesional.
miércoles, 6 de noviembre de 2013
ASTÉRIX E OS PICTOS
Chega o novo álbum da colección clásica de Astérix cos personaxes de
sempre e moitos novos: varios clans enteiros, de feito! Desta volta,
Astérix e Obélix viaxan a Caledonia, a Escocia romana.
martes, 5 de noviembre de 2013
lunes, 4 de noviembre de 2013
GUÁRDATE DE LOS IDUS
Gárdate dos Idus é unha novela histórica escrita por Lola Gándara que achega aos alumnos á vida da cidade de Roma mediante unha intrigante trama que se desenvolve nos días posteriores á morte de Xullo César, nos idus de marzo do ano 44 a.C. O que se ofrece a continuación é unha guía de lectura para que os alumnos poidan comentar entre eles na clase os aspectos do libro máis relevantes para o estudo da cultura romana.
jueves, 31 de octubre de 2013
CALÍGULA
Reflexión sobre os problemas e obsesións que nutriron a súa creación literaria e teórica, CALÍGULA é unha das grandes pezas dramáticas de Albert Camus (1913-1960). Nela, os temas recorrentes do absurdo existencial, o alleamento metafísico, o sufrimento do home e a lóxica do poder reciben un despregamento dramático que discorre en paralelo ás novelas e ensaios dun autor cuxo talento e sensibilidade ética centráronse sempre nunha indagación sobre a complexidade, a ambigüidade e a riqueza da condición humana.
martes, 29 de octubre de 2013
Morre un mito do Rock & Roll: Lou Reed
Morre un mito do Rock & Roll: Lou Reed (1942-2013)

O pasado domingo 27 deixábanos unha das figuras máis sobresaíntes da escena do R&R, o neoiorquino Lou Reed. Sen este gran artista sería imposible entender a evolución da música popular urbana do século pasado: o glam, o punk e o rock alternativo son tres dos estilos nos que centrou a súa creatividade musical e poética.
Lou Reed foi xunto a David Bowie, Iggy Pop e Andy Warhol un dos iconos da cultura pop máis ambigua e de vangarda dos anos 70. Foi o fundador da lexendaria banda The Velvet Underground (1965-1970), a cal, unha vez disolta, deu paso a unha creativa etapa en solitario.
Algunhas das súas cancións máis salientables son "Walk on the Wild Side", "Perfect day"", "Sweet Jane", "Heroin" ou "Rock and Roll".
Aquí podes ler no diario "El País" o artigo publicado co gallo da súa morte
Para saber máis sobre a súa vida e a súa música entra neste enlace de wikipedia
HERENCIA DE BRUJA
Ano 1659, Inglaterra. A moza Mary Newbury é testemuña do ahorcamiento da súa avoa, acusada de bruxaría. Mary abandona o pobo onde vivía coa súa avoa, acompañada dunha misteriosa muller. A carruaxe no que van chega a unha pousada. A muller misteriosa dille que emprenderá unha viaxe a América, xa que alí non é libre, e a súa vida corre perigo. Tras unha longa conversación con ela, Mary dáse conta de que a muller é a súa nai.
lunes, 28 de octubre de 2013
NATA Y CHOCOLATE

BOA LECTURA!!
viernes, 25 de octubre de 2013
REUNIÓN CLUB DE ADULTOS
Na xornada de hoxe constituíuse o Club de Lectura Cambaleón do curso 2013-14. Debido o gran número de participantes tivemos que reunirnos na aula Manuel Dobarro.
miércoles, 16 de octubre de 2013
MORE STRANGE TALES
Williams a banker dreamed that a man called Spencer was dying murdered by Bellingham in the foyer of the parliament of England.
This
it dreamed two times in the same night, and he was very worried. The
following day when one came to the parliament it saw as a high man with
black coat with golden buttons itwas murdering Spencer, some days later
Bellingham was called to declare and said that he killed Spencer because
I ignore the letters that he sent when his business in Russia was going
badly. The judgment of the judge was that he was dying hung.
MÁMOAS DE OIROS. LENDAS POSSÍVEIS.
Hoxe vai ter lugar na aula Manuel Dobarro a presentación do libro de Ramón Taboada Montoto "Mámoas de Oirós. Lendas possíveis", promovido polo Club da lingua do Marco do Camballón.
Reunión Club Lectura Adultos
As suxestións da reunión de hoxe foron:
PRÓXIMA REUNIÓN 13/11/2013
Boa lectura a tod@s!
PREMIOS DE FÍSICA
Nobel
de física 2013
|
Entre os galardóns entregados este ano pola Real Academia de
Ciencias Sueca, imos destacar o Premio Nobel
de Física, outorgado a Robert Higgs e François Englert.
Estes dous científicos, británico e belga de 84 e 81 anos
respectivamente, levan á procura dunha
demostración válida da existencia do Bosón de Higgs desde 1964. E como
acostuma suceder na investigación, quen a segue, conséguea!!
Neste vídeo tedes una breve explicación de que raios é o “Bosón de Higgs” ou “partícula de Deus”
por que as “cousas” teñen masa? |
martes, 15 de octubre de 2013
II CONCURSO DE RELATO EUREKA
Eureka!
II CONCURSO de Relato breve
CONCIÉNCIATE
E PARTICIPA!
Consulta
as bases na biblioteca ou no blog Abre os
ollos
A BIBLIOTECA do IES “Marco do Camballón”
CONVOCA
EUREKA!
II CONCURSO de RELATOS
Participantes:
poderá tomar parte no concurso todo o alumnado matriculado no centro no curso
académico 2013‐2014.
Presentación: Cada
participante poderá presentar, se así o desexa, ata dous relatos escritos en
lingua galega. Nun sobre, introduciranse o relato, asinado cun pseudónimo, e un
folio no que constarán os seguintes datos:
Pseudónimo
Nome e apelidos
Curso e grupo
Extensión: as
obras presentadas non excederán as cinco páxinas a ordenador (arredor de 1200
palabras).
Tema: os relatos deberán incluír algún aspecto científico, sexa como asunto principal ou ben como elemento secundario pero con incidencia na historia desenvolvida.
Poderase aludir a calquera especialidade científica (física, química, bioloxía, medicina, matemáticas, astronomía etc.).
Os/-as autores/-as terán plena liberdade para enfocar os seus relatos desde un punto de vista realista ou fantástico e para situalos en calquera marco temporal (pasado, presente ou futuro) e espacial.
Prazo: os relatos
entregaranse na Biblioteca ata o venres 6 de decembro de 2013.
O resultado do concurso será
publicado na Biblioteca o mércores 18 de decembro.
Premios: establécense dúas categorías:
Categoría A:
1º, 2º, 3º e 4º de ESO
Categoría B:
1º e 2º de Bacharelato e Ciclo.
En cada categoría haberá un
primeiro premio, dotado con 50 € e
un segundo premio, dotado con 25 €.
Ademais, os relatos gañadores serán publicados no blog Abre os ollos.
Ø
Os premios poderán ser declarados desertos no caso de non
acadaren os relatos presentados un mínimo de calidade.
Ø
Se se constatase que un relato constitúe copia doutro,
non será tido en conta.
Ánimo a todos e todas!
viernes, 11 de octubre de 2013
PREMIO NOBEL DE LITERATURA
NOBEL DE LITERATURA
2013
é para…
ALICE
MUNRO
Coa escritora canadiense, nacida
en 1931, son xa trece as mulleres galardoadas con este premio, sen dúbida o de
maior prestixio no eido das letras universais.
Da súa obra, podemos ler en castelán case unha ducia
de títulos:
Las lunas de Júpiter; El progreso del amor; Amistad de juventud; Secretos a voces; El amor de una mujer
generosa; Odio, amistad, noviazgo,
amor, matrimonio; Escapada; La vista desde Castle Rock; Demasiada felicidad; La vida de las
mujeres e Mi
vida querida.
Na seguinte ligazón podes ler o seu relato "Radicales libres":
Parabéns, Alice.
jueves, 10 de octubre de 2013
PREMIO NACIONAL DE POESÍA
Parabéns
Ao poeta galego
Manuel Álvarez Torneiro
que acaba de recibir o Premio Nacional de Poesía
pola súa obra Os
ángulos da brasa.
Se queres coñecer a súa produción poética, busca as seguintes signaturas na nosa biblioteca:
P/ÁLV/hab
P/ÁLV/voc
P/ÁLV/luz
P/ÁLV/par
martes, 1 de octubre de 2013
CLUB LECTURA ADULTO
O vindeiro 16 de outubro teremos a primeira reunión do Club de Adulto na Biblio do centro alí nos esperamos a todos e todas.
domingo, 22 de septiembre de 2013
jueves, 13 de junio de 2013
RECOMENDACIÓNS
Este foron algúns dos libros dos que falamos ou recomendamos:
recomendacións marzo club adultos, un álbum en Flickr.
jueves, 6 de junio de 2013
O CAMBALEÓN VIAXA ÁS CÍES
O Club de Lectura este curso decideu facer a última reunión todos xuntos nas Cíes, onde a parte dunha fermosa caminata ata o faro estivemos escoitando lendas da zona e pola tarde podemos disfrutar dun baño nas augas do océano Atlántico
miércoles, 5 de junio de 2013
martes, 23 de abril de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)